Teño unha estupenda noticia! é a da creación do
Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia e do
Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia.
Xa tardaba, noutras comunidades levan anos co colexio funcionando.
Como ainda non é efectivo e non se elaborarán e aprobarán os estatutos ata dentro de 6 meses, haberá que investigar nos outros colexios creados a ver cales son as funcións e en qué nos vai beneficiar:
Unha cousa curiosa que encontrei e a dos peritaxes que a poderán facer os enxeñeiros colexiados cobrando claro está.
O obxectivo de evitar o intrusismo profesional vai levar seguramente anos conseguilo, pero este é un primeiro paso.
É de esperar que fagan táboas dos honorarios que deberían cobrar os enxeñeiros ainda que é probabel que sexan só recomendacións e non obrigatorias.
Se atopades máis información podedes poñela aquí e así enterámonos todos.

No hay comentarios.:
Publicar un comentario